Quen é Michelle Mirón?

Michelle é intérprete executiva e profesional de relacións públicas con ampla experiencia. Traballa con empresas da lista Fortune 500, multinacionais, organismos gobernamentais, celebridades e clientes de alto perfil en Nova York, Madrid, Barcelona, A Coruña e Bos Aires.

Facilitar a comunicación entre comunidades diferentes sempre formou parte da súa identidade; Michelle é unha CODA (filla de persoas xordas). Desde unha idade moi temperá, aprendeu a interpretar cal é o significado dunha mensaxe e a desenvolverse con destreza nas interaccións interculturais e multilingües. Esta experiencia única forxou a súa caracter diligente a ter sempre en conta todos os detalles, pensar con visión global e a transmitir unha mensaxe precisa. 

Michelle licenciouse de Hunter College CUNY e posúe un máster en Tradución e Interpretación da Universidade Complutense de Madrid. Traballa profesionalmente co inglés, o español, a lingua de signos americana e o galego e é membro das asociacións profesionais de lingüistas: ATA, a RID e a ASETRAD. Para proporcionar a mellor atención ao cliente, reparte o seu tempo entre a cidade de Nova York e Madrid, España.

P1001294.jpg
20200918_204752.jpg

Pide unha Consulta

Listo para Realizar o Teu Proxecto?